Esta foi unha semana moi intensa, na que o Mobile World Congress gozou do necesario protagonismo. Malia iso, en Internet atopamos outras novas que chamaron a nosa atención. Aquí tedes a nosa recopilación.
Remontándonos ao domingo pasado, atopámonos coa Gala dos Goya, na que Alex de la Iglesia deu un discurso que fixo as delicias da maior parte dos internautas e, onde estivo Anonymous para amosar o seu desacordo coa Ministra Ángeles González-Sinde debido á Ley Sinde que, doutra banda, tamén foi aprobada esta semana.
Alén diso, publicouse unha pequena introdución ao uso da Terminal, unha ferramenta que aínda que xa non é precisa para un uso íntegro de GNU/Linux, pode ser unha ferramenta moi útil, potente e sinxela de empregar.
Tamén tivemos unha polémica importante ao se descubrir que Inditex estaba a se inspirar en fotografías de bloggers para unha nova liña de camisetas, o que levou a un certo escándalo en internet e á retirada da liña de camisetas por parte da firma textil.
Dende Cooking Ideas lémbrannos que existen máis de 50.000 millóns planetas na Vía Láctea e pregúntanse cantos poderían ser habitábeis ou estalo.
Finalmente, vía @carlos_toural atopamos unha reportaxe sobre os países e áreas nos que Facebook aínda non ten conseguido triunfar, e as posibilidades que lle daría a súa expansión neles.
50.000 no, Malla: 50.000 millones.
ResponderEliminarGraciñas pola corrección Iñaki, xa o corriximos :)
ResponderEliminar