26 feb 2011

LDK 103: Conectores TRS

Os conectores TRS (habitualmente coñecidos como jack) son un estándar amplamente extendido para a transmisión de audio en analóxico. O máis habitual é o conector de tres contactos, pero tamén hai de 2 (TS) e de 4 (TRRS).

Existen 3 diámetros estandarizados:
  • 2,5 mm (minijack).
  • 3,5 mm (jack). É o máis extendido, o que teñen a maiorío de computadores, mp3/mp4, móbiles e electrónica de uso en mobilidade.
  • 6,5 mm. Foi o primeiro que se desenvolveu, en 1878. Hoxe en día o seu uso restrínxese a aplicacións máis profesionais e instrumentos eléctricos.
O número de contactos (2, 3 ou 4) establece o número de sinais que se envían por el (son mono, estéreo, voz en sentido de entrada - micrófono e altofalante no mesmo jack - ...).

En fabricación, cada anel do jack é unha conexión.
  1. O número (1) sinala a terra.
  2. O anel número (2) pode ser a canle dereita se temos sinais en estéreo ou a fase negativa en sinais mono.
  3. O anel (3) pode ser a canle esquerda, para sinais estéreo, ou a fase positiva en sinais mono.
  4. Os números (4) representan os illantes.




En canto aos conectores de PC, Microsoft e Intel  estandarizaron o código de cores das conexións do seguinte xeito (táboa extraída da Wikipedia)
verde TRS 3,5 mmsaída estéreo, canles frontais
negro TRS 3,5 mmsaída estéreo, canles traseiros
gris TRS 3,5 mmsaída estéreo, canles laterais
dourado TRS 3,5 mmsaída dual, centro e subwoofer
azul TRS 3,5 mmentrada estéreo, nível de liña
rosa TS 3,5 mmentrada micrófono mono/estéreo

No hay comentarios:

Publicar un comentario