7 ene 2012

O "outro" estado da materia


Dende pequenos estamos acostumados a escoitar na escola que os estados da materia son tres: sólido, líquido e gaseoso, pero eso non é certo, xa que a combinación destes tres, segundo os científicos, solo supón un 1% do total da materia do Universo. Entón que é o que forma o 99% restante? A resposta é o plasma.

Antes de empezar a falar deste estado da materia o mellor é saber que é o plasma. Segundo nos di a física, o plasma é un gas ionizado cuasineutro con comportamento colectivo. Para que nos entendamos, vamos por partes nesa definición:
- Gas ionizado: un gas está formado por átomos e/ou moléculas que son eléctricamente neutros. Sen embargo, nun gas ionizado os átomos que o compoñen separáronse dalgúns dos seus electróns. Desta forma o plasma é un estado parecido ó gas pero composto por ións con carga negativa e ións con carga positiva, separados entre si e libres.
- Cuasineutro: esto quere decir que non é neutro, porque a suma de cargas non é igual a 0 pero non están moi desbalanceadas en canto a positivas ou negativas. Se consideramos una pequeña parte de volume, en promedio hai máis ou menos a mesma cantidade de cargas positivas que de cargas negativas.
- Comportamento colectivo: este comportamento parece contradicir as características dun gas típico, no que as accións que se exercen sobre el transmítense ó resto do gas mediante colisións individuais entre os átomos e/ou moléculas que o constitúen. A diferencia deste comportamento, nun plasma as accións transmítense de forma similar a como o fan nunha masa xelatinosa, polo que ocorre nun punto afecta a todo o plasma e non só ós veciños máis próximos

Resumindo, un plasma é un “caldo” de partículas, tanto cargadas como neutras, que é máis ou menos neutro e no que o seu comportamento está influenciado punto por punto polo que ocorre nel.
Para que te fagas una idea, estamos rodeados de plasma, dende o Sol, que en si mesmo é un plasma xigantesco, cheo de átomos de hidróxeno e helio, nos raios que se producen nunha tormenta, na capa da ionosfera ou nas espectaculares auroras boreales.

Dado que os plasmas son bos conductores da corrente eléctrica, o home soupo “domalo” para o seu uso e podemos velo nas pantallas de plasma dos televisores, no interior dos tubos fluorescentes de baixo consumo, nas típicas lámpadas de plasma, como a que podes ver no principio da entrado, ou no interior dos reactores de fusión nuclear.

No hay comentarios:

Publicar un comentario