29 ene 2011

Nova mensaxería de Facebook. Probámola

Hai algún tempo Mark Zuckerberg anunciaba un novo servizo de mensaxería de Facebook, popularmente coñecido como 'correo Facebook', aínda que dende a compañía afánanse en afimar que non é un servizo de correo electrónico, senón unha utilidade para xestionar diferentes xeitos de comunicarse nun mesmo sitio: mensaxes de Facebook, sms, correo electrónico @facebook.com e chat de Facebook.

A activación dunha conta de correo @facebook.com é quizáis unha das novidades máis destacadas, que podemos elixir durante unha sinxela configuración en catro pasos.

Paso 1. Explicación do servizo
Paso 2. Activación do correo @facebook.com
Paso 3. Activación do correo procesada
Paso 4. Activación do servizo de mensaxes de texto
Este último paso non o puiden levar a cabo xa que na listaxe de países dispoñíbeis non figura España (nin Francia...), pero si outros países da contorna como Portugal, Reino Unido ou Italia.

En canto á mensaxería, atopámonos que o resultado da combinanción é  mensaxe privada, correo electrónico e chat nun mesmo fío para mensaxes enviadas dende a conta de correo electrónico que o usuario co que contactamos ten asignada a Facebook.


Como vemos na imaxe anterior, a mensaxe privada que me enviou Vítor, e o correo electrónico dende o seu correo vencellado a Facebook ao meu enderezo @facebook.com só se distinguen nunha pequena icona que amosa a procedencia.

Comentar que a resposta que eu lle faga vai polo último método empregado. É dicir, como el me enviou dende o correo, a miña resposta chégalle ao correo (e tamén ao fío en Facebook mensaxes se ten activado o novo servizo de mensaxería).

Doutra banda, as mensaxes que nos envíen ao noso correo dende enderezos de e-mail non vencellados aos non rexistrados polos nosos contactos en Facebook, irán a un cartafol chamado Outro, algo positivo se entendemos a rede social como rede social e non como o noso enderezo electrónico de referencia.

Comentar tamén que soporta o envío e recepción de arquivos axuntos e a posibilidade de sacar unha foto ou gravar un vídeo directamente coa webcam para enviar como axunto.

Tamén falabamos de que esta nova mensaxería de Facebook incluía o chat. Que pasa entón cando iniciamos un chat coma sempre?


Pois que se suma tamén ao fío aberto con ese contacto:



En definitiva e resumindo, a miña opinión é positiva como servizo de valor engadido da rede social, mais non cambiaría o meu servizo de correo electrónico persoal, xa que creo que a rede social máis "íntimo", entre aspas. Inda que con estas cousas xa se sabe, para gustos, as cores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario