I sempre ten que ser escrito en maiúscula. Por que?
Pois ben, a orixe de I vén do Protoindoeuropeo *ego(m), que evolucionaria ao sánscrito aham, hitita uk, latín ego, grego ego, ou ruso ja. A evolución a protoxermánico foi reconstruída como *ekan (cf. frisón antigo ik, nórdico antigo ek, noruego eg, danés jeg, alto alemán antigo ih, alemán ich, gótico ik). En inglés antigo (ou anglosaxón), a forma evolucionou a ic.
No século XII, a forma perdeu a súa consonante final, aínda que esta se mantivo en usos dialectais ante palabras comezadas por vogal até tan tarde como o século XVIII.
Porén, o por que do seu uso en maiúsculas atopámolo nunha obra de Jespersen, (via Etymonline):
The reason for writing I is ... the orthographic habit in the middle ages of using a 'long i' (that is, j or I1) whenever the letter was isolated or formed the last letter of a group; the numeral 'one' was written j or I (and three iij, etc.), just as much as the pronoun. [Otto Jespersen, "Growth and Structure of the English Language," p.233]Isto é: a razón pola que se escribía I en maiúscula é que había o hábito de usar unha "i longa" (é dicir unha j ou unha I) cando a letra aparecía aillada ou formaba a última letra dun grupo. O númeral "un" tamén era escrito j ou I, e o tres iij, igual que o pronome.
NOTA:
1 O j non tivo valor como letra propia até o século XVI, sendo antes unha variante caligráfica do i. Foi a última letra en ser incorporada ao alfabeto latino.

No hay comentarios:
Publicar un comentario