12 ene 2011

MoCa (por Manuel García)


MoCA (Multimedia over Coaxial) é una organización internacional aberta creada en xuño de 2004 por múltiples empresas do sector co obxectivo de crear un estándar de banda larga para o usuario final empregando o cable coaxial. Eles mesmos considéranse o IPTV sobre coaxial.

Principalmente está orientado a redes de entretemento domésticas, fogar multimedia co punto positivo de soportar HD.

Na actualidade está composta por mais de 55 integrantes, dos que se poden destacar: Intel, Cisco, Panasonic, Motorola, Samsung, Verizon, Broadcom, Cox Comunications, Comcast, EchoStar e Time Warner Cable entre outros.

MoCA vén a ser unha opción á hora de distribución de contidos no fogar. Entendendo por contidos: xogos multixogador, vídeo, televisión, fotos... Permitindo compartir e transferir os contidos na rede do fogar tendo como elemento central un multi-room DVR.

Poñendo como exemplo a TV de pagamento, o usuario descargaría a programación a un set top box e quedaría dispoñible o contido para calquera habitación do fogar.

Características técnicas

As capas do modelo OSI (modelo de referencia de Interconexión de Sistemas Abertos) que se ocupan de MoCA son a capa física e a de Control de Acceso ao Medio, MAC 1 e 2.

Emprega canles de 50 MHz dentro do rango de 850 a 1500 MHz. Isto garante a perfecta convivencia con outras tecnoloxías no mesmo medio. Por exemplo, con VDSL que traballa nos 5-42Mhz, a televisión por cable que traballa nos 50-860 MHz e a banda L de televisión por satélite que vai nos 950-2150 MHz.

Emprega Modulación OFDM (técnica de multiplexado multiportadora) con 224 portadoras, tres delas pilotos (beacons) para caracterizar a canle e constelacións dende BPSK ate 256-QAM. A ultilización dunha modulación multiportadora como OFDM da unha maior eficiencia espectral e maior robustez fronte a interferencias de banda estreita.

Segundo o estado da canle pódese variar a carga de bits das portadoras, conta con catro tipos diferentes de preámbulos co fin de optimizar a velocidade.

Emprega Multiplexación por División en Tempo (TDD, Time Division Duplexing) e códigos Reed-Solomon para corrección de erros.



Versións

I. MoCA1.0 aprobada no 2007.

Traballa na banda de 850 a 1500 MHz e non interfire con ningún outro servizo ou tecnoloxía. Foi probada en 250 fogares de EEUU alcanzando velocidades de mais de 110 Mbps no 97% das conexións.
II. MoCA1.1 aprobado no 2008.

Compatible coa anterior versión. Supuxo un aumento da velocidade até alcanzar os 175 Mbps. Incorporou un uso flexible do espectro en canles de 50MHz de ancho no rango de 850 a 1550 MHz. Esta versión soportaba até 16 nodos conectados a rede do fogar.

Tamén integrou unha tecnoloxía QoS para diferentes servizos como poden ser vídeo, voz, xogos e a posibilidade de reservar ancho de banda.

III. MoCA2.0 ratificado o 15 de xuño do 2010.

O avance fundamental nesta versión é que se ofrecen dous modos de funcionamento, o básico e o mellorado cunhas velocidades teóricas de 700 e 1400 Mbps e reais de 400 e 800 Mbps respectivamente. Tamén se engaden dous modos de baixo consumo: sleepy e standby. Segue mantendo unha compatibilidade cara atrás sen que sexa preciso actualizar o firmware.

Vantaxes e inconvintes de MoCA

Esta tecnoloxía conta con varios puntos ao seu favor, como poden ser o fácil despregamento da rede, ao contar coa cable coaxial na maior parte dos fogares, a seguridade ao empregar cifrado DES, non produce interferencias sobre ningún outro sistema, calquera nodo pode ser unha fonte ou un receptor de contidos, soporta xestión de dereitos de contidos dixitais DRM e alcanza grandes velocidades, algo moi necesario para ter múltiples streams de vídeo en HD.

Os puntos negativos son o alto prezo dos dispositivos en comparación cos doutras tecnoloxías. A necesidade de levar cable coaxial a cada punto de aceso, dentro do fogar. Existe unha oferta reducida de dispositivos no mercado e poucos operadores ofrecen estes servizos.

Vídeo



No hay comentarios:

Publicar un comentario