18 ene 2011

LDK 86: Os cables submarinos

O cableado submarino constitúe o núcleo máis importante da rede mundial de telecomunicacións, transportando arredor do 80% da información telefónica e de datos.

Na actualidade, na súa inmensa maioría, están constituídos por condutores de fibra óptica, que permiten transmisións a 2,5 Gbps, pero nas súas orixes comezouse co típico par de cobre, unindo en 1852 o Reino Unido con Francia a través do Canal da Mancha.

O primeiro enlace transatlántico tería lugar en 1866, unindo Terranova e Irlanda. Malia que foi todo un éxito, tecnoloxicamente falando, sufriu o boicote de compañías navieras que vían na súa instalación unha ameaza económica.


Na década dos 60 obtaríase polo uso de pares coaxiais, que permitían manter bastantes conversas telefónicas á vez. Sería a tecnoloxía previa á instalación da actual fibra óptica.

Resulta máis ca interesante ver esta reportaxe de 8 minutos emitida en Discovery Channel



Máis información: Wikipedia (versión inglés)

No hay comentarios:

Publicar un comentario