26 dic 2010

A malla do 20 ao 26 de Decembro

Esta semana case sufrimos un atragoamento con todo o debate arredor da polémica Lei Sinde, finalmente rexeitada polo Congreso. En La Información fan un análise a fondo sobre o tema

Ademáis temos algunha que outra cousa interesante, como a vista de copos de neve a través dun microsocopio, vía @kurioso

Google saca unha aplicación para poder observar o corpo humano en tres dimensións, de maneira que podamos activar e desactivar diferentes capas ao noso antollo, o Body Browser.

Xa non é tampouco a primeira vez que falamos da nube. Punto Geek compartiu esta semana un vídeo bastante didáctico (en inglés subtitulado) para explicar que é.

Tamén tivo eco esta semana a entrevista que se lle realizou ao novo director da RAE, José Manuel Blecua, onde defende a inmersión lingüística e os topónimos na lingua propia, o que lle valeu o aplauso de, entre outras, A Mesa Pola Normalización Lingüística.

No hay comentarios:

Publicar un comentario