25 dic 2010

LDK 76: PLC: Power Line Communications (e II)

O luns pasado introducimos a tecnoloxía PLC como alternativa a outro tipo de conexións de Internet, como puideran ser a fibra óptica ou o ADSL. Hoxe, sen embargo, analizaremos os PLC como sistema de distribución do sinal interno, asumindo que dispomos de conexión a Internet a través de calquera tecnoloxía.

O uso de PLC's pode resultar interesante cando temos dificulades para recibir o sinal a través de WiFi ou se queremos dispór de maior seguranza (non ter unha rede que pode usar todo o mundo).

Que precisamos?

Un kit de adaptadores PLC, un que deberá estar situado ao carón do módem/router e o outro preto do aparello que queramos conectar (un computador, reprodutor multimedia, videoconsola...). Este segundo dispositivo conectarase ao aparello a través dun cable Ethernet (RJ-45).



Conexión dos PLC

Tamén existen modelos nos que o adaptador receptor reemite o sinal de xeito inarámbico creando unha WiFi para non ter que conectar mediante cables. Isto non implica que non poidamos disfrutar de 2 ambas conexións á vez. Por exemplo, se queremos dotar de conetvidade un edificio de varias plantas, pódenos interesar ter nunha un router WiFi e achegar mediante PLC conexión inarámbica a outra planta, para salvar das atenuacións que se producen na WiFi ao atravesar varios pisos.

A ter en conta

O sistema PLC só funcionará correctamente se ambos enchufes aos que conectamos os PLC pertencen ao mesmo PIA (Pequeno Interruptor Automático), dentro do cadro eléctrico xeral.

Información complementaria

No hay comentarios:

Publicar un comentario