7 dic 2010

LDK 68: O código Morse

O código Morse é un sistema de comunicación baseado na transmisión de mensaxes, empregando ráfagas de son ou luz que codifican un alfabeto completo mediante a combinación de puntos e raias.

As orixes do Morse remóntanse ao Século XIX, e débeselle a Samuel Morse, quen inventou un aparello consistente nunha chave telegráfica e un electroimán cunha bobina de arame de cobre enrollada arredor dun núcleo férrido. A chave facía de interruptor da corrente electrica, mentres que o electroimán servía de receptor da secuencia emitida. Morse foi tamén quen estableceu o código que leva o seu nome.

Grazas a Marconi, inventor da radio, púidose comezar a transmitir código Morse de xeito inarámbico, polo que non tardou moito en implementarse como sistema de comunicación en barcos.



Na actualidade, malia os grandes avances na materia, inda se mantén como ferramenta de emerxencia para cando existen condicións adversas que impiden a transmisión de voz. Tense que, inda que unha transmisión en Morse reciba interferencias producidas por tormentas eléctricas ou outro tipo de ruído, isto non impide poder diferenciar os puntos das raias.

Táboa de codificación de Morse. Fonte Wikipedia

Agora, veste en condicións de descifrar a mensaxe do comezo da entrada?

Ligazón:

No hay comentarios:

Publicar un comentario