4 dic 2010

LDK 67: Sistemas de identificación por radiofrecuencia (RFID)

RFID son as siglas de Radio Frequency IDentification (Identificación por radiofrecuencia). Trátase dun sistema de almacenamento con opcións de lectura/escritura, que ten como obxectivo identificar un obxecto por radiofrecuencia, no marco das tecnoloxías AutoID (Automatic IDentification).

Tipos

Distínguense 2 tipos, activos e pasivos:
  • Pasivos. A súa principal característica é que non posúe alimentación eléctrica propia, senón que é o propio lector o que lle induce unha corrente eléctrica abondo para facer operar e producir unha resposta. Poden usarse en distancias que van dos 10 cm aos poucos metros, segundo a frecuencia de uso e deseño. Ademais, ao non contar coa fonte de enerxía propia poden introducirse en pegatinas ou usarse baixo a pel.
  • Activos: os sisteas RFID activos posúen a súa propia fonte de enerxía, baterías que poden durar anos. Isto permítelles propagar os sinais aos lectores. Son moito máis fiábeis, e eficientes, puidendo traballar en entornos complicados, como a auga ou metais. Acadan distancias do rango de varios centos de metros.
Exemplos de uso:
  • Pagos (autobuses, telepeaxes...).
  • Identificación áxil de persoas ou animais.
  • Historial clínico áxil ou notas 'electrónicas'.
  • Identificación de produtos, materiais, roupa... e as súas características.
  • Sistemas de aviso por proximidade en vehículos
Fontes

No hay comentarios:

Publicar un comentario