10 dic 2010

Factura electrónica (e-factura): un simple pdf?


A factura electrónica é un documento dixital - que vén a substituír á factura tradicional en papel - dotado de sinaturas dixitais con certificados recoñecidos.

O Anteproxecto de Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información, alén de definir a e-factura como un documento electrónico que cumpre cos requisitos legal e reglamentariamente esixíbeis ás facturas e que, ademais, garante a autenticidade da súa orixe e a integridade do seu contido, o que permite atribuír a factura ao seu orbigado tributario emisor, tamén sinal as 3 condicións que debe ter dito tipo de factura:
  • Debe estar nun formato electrónico (Edifact, xml, pdf, html, doc, xls, gif, jpeg, txt...).
  • Precisa dunha transmisión telemática (partir dun ordenador e ir a outro ordenador).
  • Débese garantiar a integridade e autenticidade a través dunha sinatura dixital recoñecida. Isto é, a sinatura ten que ser do tipo "avanzada", baseada nun certificado recoñecido e xerada mediante un dispostivo seguro de creación de firma.
Requisitos

Os requisitos que debe cumprir toda e-factura son os mesmos que os dos seus equivalentes en papel. Nela deben aparecer:
  • Número de factura.
  • Data de expedición.
  • Razón social do emisor e do receptor, cos seus respectivos enderezos e NIF/CIF.
  • Base impoñíbel.
  • Tipo impositivo.
  • Cota tributaria.
  • Data de prestación do servizo (se é necesario).
Vantaxes derivadas do uso da e-factura

Entre as vantaxes do uso da e-factura atopámonos as seguintes:
  • Aforro na xestión de envío (ensobrado, selado, envío).
  • Melloras mediambientais (redución do uso do papel, eliminación do uso de tintas...)
  • Redución de espazo físico.
  • Mellora na xestión da facturación.
Máis información

No hay comentarios:

Publicar un comentario