27 nov 2010

LDK 64: Ye olde salutation inn



Falabamos o outro día da letra thorn, þ, que representaba o son [θ], e que durante o inglés medio sufriu unha dexeneración sendo escrita polos escribas dunha forma cada vez máis parecida á letra Y, de tal modo que comezou a ser confundida.

A dexeneración chegou a tal punto que nas primeiras impresións en Inglaterra, con William Caxton, a thorn, xa totalmente asimilada a unha Y, só se empregaba nunha abreviatura para expresar o artigo the, tal e como se amosa na figura baixo este parágrafo.


Porén, co paso do tempo este emprego foi visto como arcaico, e convertiuse, primeiro, en obxecto de broma, e, máis tarde, en obxecto de imitación.

Así, moitas tabernas, buscando un pseudo-arcaicismo, bautizáronse cun "ye olde", sen saber que en realidade ese ye debe ser lido exactamente igual que o artigo the e non como [j], que, aínda sendo a pronunciación máis habitual, é incorrecta se antendermos á historia da lingua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario