30 sept 2010

LDK 39: A Banda de Möebius

A banda de Möebius é unha superficie cunha propiedade moi especial, xa que só ten unha única cara e un único borde.

Matemanticamente falando, trátase dun obxecto non orientábel, é dicir, que non ten unha veciñanza regular homeomorfa a un cilindro aberto (porque só ten unha cara). Esta característica faina moi interesante e codiciada na industria, xa que permite alongar o tempo de gravación en cintas magnéticas ou reducir o desgaste en cintas transpo
rtadoras.


Como construír unha Banda de Möebius.

Para fabricar na casa unha Banda de Möebius tan só precisaremos dunha tira de papel e pegamento ou celo. Tendo os materiais, pegaremos os extremos da cinta, dando media volta a un deles, e xa está.

Agora poderemos comprobar pasando un dedo como, efectivamente, só ten unha cara.


Curiosidades

A Banda de Möebius forma parte de diversos logotipos, como o de Caixanova. Outro uso máis curioso é o de servir de soporte para banda deseñada, como neste exemplo:


Extra: vídeo con diferentes experimentos (vía Vítor Vázquez)



Fonte das imaxes:
Bibliografía básica:

I Bronshtein, K. Semendiaev. Manual de Matemáticas para ingenieros y estudiantes (1993)

No hay comentarios:

Publicar un comentario