14 sept 2010

LDK 32: Bits ou bytes?

Unha das confusións máis habituais dos usuarios de Internet é a diferenza entre dous termos de medida da información: bits e bytes.

Do mesmo xeito que temos a nosa canción preferida nun mp3 de 6 "megas", poderíamonos preguntar por que non se descarga nun segundo de Internet se teño contratado 6 "megas"? A razón é moi sinxela: as velocidades de transmisión adóitanse medir en bits (e os seus multiplicadores, Kilobits e Megabits) por segundo, mentres que a almacenaxe no disco duro (ou a velocidade de descarga dun ficheiro que nos marca o noso navegador) mídense en bytes (Kilobytes, Megabytes) por segundo.

Cal é a diferenza entre eles? Pois que 1 byte = 8 bits. Represéntanse cun B maiúscula e un b minúsculo, respectivamente.

Deste xeito, se temos contratada unha conexión de 6 "megas" teremos 6000 Kilobits por segundo, polo que acadaremos unha velocidade de descarga ideal (realmente nunca se acadará esa taxa de transferencia) de 750 KB/s.

Outros 'enganos'

Ademais debemos ter en conta que os multiplicadores de tamaño poden dar lugar a confusións, xa que ás veces empréganse os informáticos (1 Mb = 1024 Kb) e outras os matemáticos (1 Mb = 1000 Kb). Por termo xeral, as conexións a Internet mídense cos multiplicadores matemáticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario