11 sept 2010

LDK 31: Vantaxes dos pneumáticos e das eirugas


O outro día presentamos os dous principais tipos de tractores, tractores sobre pneumáticos e tractores sobre eirugas. Como xa dixemos, os pneumáticos son elementos flexibles que se acomodan facilmente ao terreo, e por isto son frecuentemente empregados por vehículos nos que priman a velocidade e axilidade sobre as demais características, como é o caso dos camións ou das pas cargadoras.

Pola outra banda, están as máquinas sobre eirugas, que se desprazan a unha velocidade moito menor e son moito máis resistentes. Aínda que aos pneumáticos se lles poidan colocar cadeas similares ás cadeas de neve dos coches, son as eirugas as empregadas xeralmente en máquinas ás que se lles esixen grandes esforzos de tracción, como son os bulldozer, que teñen que empuxar grandes cantidades de terra e ademais teñen o escarificador, ese pequeno arado que serve para fragmentar a terra sobre a que traballarán despois. Outra das vantaxes das eirugas é a súa flotabilidade, xa que a que a superficie de apoio é maior cá dos pneumáticos, e por tanto teñen preferencia en terreos pouco estables, como é o caso dos terreos nevados, onde a presión que exercen sobre a neve é menor, polo que se afúnden menos facilitando deste modo o desprazamento sobre eles.

Ademais destas características hai outra bastante determinante, que é a resistencia á abrasión. Os pneumáticos, por ser máis brandos, poden pincharse ou deteriorarse máis facilmente, aínda que para contrarrestar isto se lles colocan mallas metálicas -coma as cadeas pero moito máis tupidas- que evitan que as pedras poidan facer cortes sobre a cuberta, adóitanse empregar eirugas.

Todas estas nocións son xerais e orientativas, xa que para casos concretos poderiamos atopar bulldozers sobre pneumáticos e cargadoras sobre eirugas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario