O sistema político británico é bastante diferente ao noso, tendo, por exemplo, unha cámara parlamentaria na que os membros son escollidos vitaliciamente (A cámara dos Lords), mais probablemente o punto máis chamativo sexa o seu sistema electoral:
O sistema electoral británico está conformado por 650 circunscricións, das que cada unha escolle un único representante na Cámara dos Comúns do Parlamento. Este sistema, chamado First-past-the-post ou FPTP, dálle a representación da circunscrición ao candidato máis votado, independentemente da diferencia de votos entre este e os outros candidatos. Pola contra, no sistema do estado español (proporcional corrixido), cada circunscrición escolle un número de representantes que son asignados proporcionalmente ao número de votos de cada lista electoral (sempre que esta pase dunha porcentaxe de votos mínimos¹).
O First-past-the-post presenta como vantaxe unha maior relación representante-circunscrición, dificultando a disciplina de voto de partido e posibilitando o voto por conciencia baixo o argumento de buscar o mellor para os representados da súa circunscrición, o que fai que un gobernante con maioría absoluta teórica teña que negociar igualmente as súas medidas para evitar un posible voto en contra desde dentro das súas propias filas. Porén, ao ollar o conxunto da representación parlamentaria, vemos que este sistema produce resultados cunha distorsión notable entre o voto popular e o voto electoral. Nas últimas eleccións (maio de 2010) o maior damnificado foi o partido Liberal-Demócrata, que co 23% do voto popular só obtivo o 8,8% dos escanos.
Notas:
¹ Esta porcentaxe depende da lexislación de cada comunidade autónoma. A aplicación dunha porcentaxe de voto mínimo produce resultados chamativos, como que na circunscrición de Barcelona nas eleccións ao Parlament de Catalunya é imposible obter un só deputado, xa que a porcentaxe mínima para obter representación é dun 3%, o que equivale a un minimo de 2 deputados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario