As direccións IP son o identificador da nosa máquina en Internet, asginado polo noso proveedor de acceso a Internet (ISP). Estas IP pódense clasificar en estáticas e dinámicas. En que se diferenzan?
As IP dinámicas son as que adoita ter o usuario habitual de Internet. É asignada automaticamente por un servidor e obtense por unha duración máxima determinada. Adoitan cambiar cada vez que o usuario reconecta. Entre as vantaxes están a maior privacidade (é máis difícil identificar ao usuario que usa dita IP) e a reducción dos gastos dos proveedores de internet (ISPs), xa que os equipos son máis simples. No eido das desvantaxes, a ilocalizabilidade, xa que en cuestións de horas pode habere varios cambios de IP.
Doutra banda, as IP estáticas son asignadas polo proveedor ISP antes da primeira conexión. Adoitan ter un custo adicional mensual, pero permiten ao usuario montar servidores web, correo, FTP e outros servizos dirixindo un dominio a esa IP sen ter que estar actualizando as DNS cada vez que mude a IP, como no caso dinámico. Como desvantaxes, ao ser máis doado identificar a un usuario, son máis vulnerábeis a ataques e resulta más caro para os ISP, posto que a IP pode non estar sendo usada as 24h.

No hay comentarios:
Publicar un comentario