17 ago 2010

LDK 20: O Tamaño da Memoria.

Ten un tamaño predefinido a memoria? É cuantificable?

Para responder estas preguntas primeiro hai que saber de que tipo de memoria estamos a falar.

A memoria a longo prazo, que se desenvolve mediante a aprendizaxe, foi tentada cuantificar por diversos estudiosos (un artigo aquí sobre o tema). Segundo Von Neumann, o límite da memoria é de 10^20 bits, uns 11368683 TB., mentres que segundo Landauer é de 10^9 bits ou 119.2 MB. Como vedes, unha grande diferencia.

En cambio, sobre a memoria a curto prazo hai un certo consenso: Mide 7±2. Isto é o que descubriu George Miller no seu libro de 1956 The Magical Number Seven, Plus or Minus Two: Some Limits on Our Capacity for Processing Information. Segundo Miller, dada unha serie de listas de items a recordar (que poden ser palabras, letras, ou números; e que non poden gardar relación entre si) fállase en máis da metade dos casos dun tamaño determinado no rango que vai dos 5 items aos 9 items, isto é 7±2.

Podes ler o artigo orixinal de Miller aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario