14 ago 2010

LDK 19: Como funcionan as memorias USB

As memorias USB foron inventadas en 1998 por IBM, como unha evolución dos famosos disquetes, superándoos en capacidade, menor tamaño e seguridade. Permiten a almacenaxe de datos durante uns 10 anos e reescribirse máis dun millón de veces.

No interior das memorias USB distínguense 3 prezas fundamentais: un cristal de cuarzo e 2 circuítos integrados planos (ou chips) con moitos termiais, un dos cales é un microprocesador e o outro a memoria en si. O chip de memoria é de tipo flash, é dicir, os datos almacénanse de forma eléctrica grazas a contar con microcondensadores, e non de xeito mecánico (con partes móbiles, discos e bobinas) coma noutros discos de datos (discos duros).

Os condensadores están formados por 2 condutores separados por un illante ao que se lle pode aplicar unha voltaxe paa xerar un campo eléctrico. Deste xeito, para gardar información nunha memoria USB cárgase eléctricamente os condensadores correspondentes. Ademais, para ler sen eliminar (non modificar a carga dos condensadores) úsanse FET's (transistores de efecto campo), que actúan como interruptores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario