Tras a instalación, vouvos explicar como se poden crear un pórtico na aplicación.

Imos facer o pórtico que encabeza a entrada, antes de nada, tras executar o programa, dámoslle a "Nuevo" (11), poñemos un nome e abrimos. Eu recomendo crear unha carpeta por proxecto, o cal resulta práctico porque unha vez que calculas os diagramas, o programa crea unha chea de arquivos auxiliares.
Sobre o programa teño que destacar que se ten algún erro péchase, co que perdes o que creaches dende a última vez que se gardou e que non ten o comando desfacer, así que terías que desfacer o feito manualmente.
Imos comezar con "Añadir nudos" (34), aquí permítenos introducir coordenadas relativas ou absolutas, en coordenadas cartesianas ou polares. Este exemplo farémolo en cartesianas absolutas. Para meter os nós, métense as coordenadas e dáselle a aceptar, pero non aparecerán na pantalla até que se actualice o gráfico. No exemplo que propoño metemos os nós coas coordenadoas (0,0), (2,4), (4,4), (4,0) e (6,4).
Se nos equivocamos metendo nós, e quermos eliminar algún, dámoslle a "Eliminar nudos" (36) e despois clicamos co botón esquerdo do rato nos nós que queremos eliminar, e clicamos co botón dereito nunha parte baleira do programa para eliminalos. Tamén nos permite a opción de "Desplazar nudos" (38).
Agora toca "Añadir barras" (35), para iso, unha vez clicado sobre a icona (non se nota variación apreciable) clicamos sobre os dous nós extremos da barra que nos interesa, no exemplo: 1-2, 2-3, 3-4 e 3-5. Unha vez rematemos de colocar todas as barras, clicamos co botón dereito. Para "Eliminar barras" (37) procederíase de forma análoga á de eliminar nós. Neste momento deberiamos ter o programa tal que así:
Agora recoméndovos "Guardar" (13), por se acontece algún erro que obrigue a pechar a aplicación.
Toca "Definir tipos de barras" (41), no meu exemplo vou tomar que son todas do mesmo material (por este motivo, o módulo de Young vai dar igual) tomando soportes e tornapuntas de 20x20cm e vigas de 20x40cm. Para isto seleccionamos:
Número de Tipo: 1.
Tipo de material: Hormigón HA-25 (Isto xa asigna un módulo de Young).
Tipo de sección: Rectangular.
Sección rectangular: Ancho 20 e Canto 20.
Unha vez feito isto, dámoslle a gardar (que é o botón rodeado en verde) e despois ao "+" que sae á esquerda de gardar e para crear un segundo tipo de barra coas seguintes características:
Número de Tipo: 2.
Tipo de material: Hormigón HA-25 (Isto xa asigna un módulo de Young).
Tipo de material: Hormigón HA-25 (Isto xa asigna un módulo de Young).
Tipo de sección: Rectangular.
Sección rectangular: Ancho: 20 e Canto: 40.
Volvemos darlle a gardar e cerramos a ventá.
Agora dámoslle a "Asignar tipos de barras" (42). E seleccionamos: Elección de tipo: "1" e Secuencia: "1,3", dámoslle a aceptar e volvemos repetir a operación seleccionando: Elección de tipo: "2" e Secuencia: "2,4", aceptamos, e xa debería marcar as seccións 20x20 no piar e tornapuntas e 20x40 nas vigas.
Hai que lembrarse de "Guardar" (13).
Agora imos "Articular nudos" (44), seleccionamos co botón esquerdo do rato os nós que queiramos articular e despois dámoslle ao dereito cando rematemos. No exemplo só articularemos o nó 2.
Agora "Asignar vínculos" (45), aquí podes definir o nivel de coacción, para simplificalo imos traballar con 0 ou Libre, para isto, en Secuencia marcamos os nós que queremos e limitamos os movementos en x, en y ou na rotación. No exemplo imos definir 1 como apoio fixo, entón en Secuencia poñemos "1", e clicamos nos cadeados vermellos para as coaccións en X e Y, e no cadeado azul para a coacción á rotación, tras isto acepta. Para definir o nó 4, volves clicar en "Asignar vínculos" (45) e defínelo como empotramento, para isto clicas nos tres cadeados vermellos e dámoslle a aceptar.
Hai que "Guardar" (13).
Con isto xa temos o pórtico definido, só nos queda meterlle as cargas e facer o cálculo, pero isto será na seguinte entrada.
Lembrade que podedes clicar nas imaxes para velas en tamaño real.
Lembrade que podedes clicar nas imaxes para velas en tamaño real.
X Estructuras. Cálculo de diagramas. [3/3]

¿y en español que tal?
ResponderEliminarO principal obxetivo deste blogue é dar a coñecer contidos sobre os ámbitos dos 3 redactores que formamos parte do proxecto Mallando na e-ira.
ResponderEliminarE facémolo en galego porque é a nosa lingua nai e porque queremos cubrir a falta de contidos na rede destas temáticas redactadas na nosa lingua.
--
El principal objetivo de este blog es dar a conocer contenidos sobre los ámbitos de los 3 redactores que formamos parte del proyecto Mallando na e-ira.
Y lo hacemos en gallego porque es nuestra lengua madre y porque queremos cubrir la falta de contenidos en la red de estas temáticas redactadas en nuestra lengua.