9 jul 2010

A linguaxe e o cerebro. II. O procesamento cerebral da linguaxe.

Xa explicamos que áreas do cerebro teñen a ver no procesamento cerebral da linguaxe, mais como é que a información lingüística é procesada no cerebro?

O sistema nervioso pode ser explicado como unha intricada rede de comunicacións a través da cal se rixe o comportamento corporal. O cerebro e a médula espiñal constitúen o Sistema Nervioso Central, que clasifica, interpreta e responde aos impulsos recibidos dos receptores periféricos por medio dos faces de fibras nerviosas que se extenden por todo o corpo.

Certas fibras nerviosas transmiten información sensorial ao Sistema Nervioso Central, e máis concretamente á corteza cerebral sensorial, mentres que outras transmiten información motora do Sistema Nervioso Central, e máis concretamente da corteza motora, ás partes do corpo.

Na corteza motora ocupan máis as zonas dedicadas á comunicación, mentres que nas zonas sensoriais ocupan máis as mans e a lingua. Isto pódese observar con axuda dos homúnculos de Penfield, que son representacións da asociación proporcional entre as partes do córtex e as partes do corpo.

Homúnculos de Penfield

Estas fibras nerviosas están formadas por neuronas. As neuronas, das que hai diversos tipos, son a unidade celular básica do sistema nervioso, e están formadas por un corpo celular, uns receptores, coñecidos como dendritas e un mecanismo conductor ou axón.

As dendritas reciben estimulos electro-químicos (potencial) doutras neuronas e transmiten a información ao corpo celular, mentres que o axón transmité a información do corpo celular da neurona a outra celula. Cada neurona pode ter máis de 4.000 conexións, estando todas elas interconectadas formando redes neuronais, que poden ser estimuladas pola aprendizaxe. Estas redes neuronais son as que forman o sistema nervioso.


A transmisión da información lingüística.

E ben, como se transmite a información? Se escoitamos un enunciado, os sons recibidos viaxarán polas fibras nerviosas cara o cerebro. Os sons recibidos polo oído dereito viaxan directamente ao hemisferio esquerdo, mentres que os recibidos polo oído esquerdo pasan polo hemisferio cerebral dereito e o corpus callosum, a través das fibras nerviosas transversais (que conectan os dous hemisferios), antes de seren procesados no hemisferio esquerdo. Isto é o que se chamou vantaxe do oído dereito ou Right Ear Advantage (REA). Esta vantaxe é relevante para un número de estimulos lingüisticamente significativos, como a fala normal ou o código Morse, mais tamén para outros, como as silabas ailladas ou incluso sons como as fricativas. Porén, non o é para a tose ou o riso.


Seguindo o explicado no post anterior, unha vez no hemisferio esquerdo, a primeira área responsábel do procesamento do son é a Circunvolución de Helsch, sitúada no lóbulo temporal, a área do córtex sensorial responsábel do procesamento auditivo primario. Aquí é onde os sons son interpretados, isto é, os impulsos eléctricos recollidos na cóclea son "escoitados" polo cerebro.

De aquí, os impulsos viaxan a traves das fibras nerviosas de asociación (que conectan as diferentes porcións dun mesmo hemisferio cerebral) á área de Wernicke, a zona posterior do lóbulo temporal esquerdo, que é a área de recoñecemento lingüístico, onde se interpreta ou recoñece o significado lingüístico dos sons.

Unha vez recoñecidos, os impulsos viaxan á área de Broca, a zona posterior inferior do lóbulo frontal esquerdo, que é a encargada da produción lingüística propia e da organización gramatical. Aquí é onde se poderá elaborar unha nova resposta lingüística gramatical.

Unha vez elaborada, está información será transmitida á franxa motora suplementar, unha zona do córtex motor na parte posterior do lóbulo frontal, xusto díante da cesura central ou de Rolando, que é a que controla os movementos dos órganos da fonación.

Así, só queda envíar a información desde o córtex motor aos órganos de fonación para que se configuren de tal xeito que dean forma á mensaxe.



Bibliografía:

Akmajian, Adrian, Richard A. Demers, e Robert M. Harnish. 1984. "Lenguaje y cerebro". En Lingüística: una introducción al lenguaje y a la comunicación. Madrid: Alianza, pp.351-372.

No hay comentarios:

Publicar un comentario