O formigón, igual cós materiais pétreos, ten unha resistencia a tracción -e por tanto a flexión- moi baixa. Para aumentar a resistencia usamos formigón armado, que consiste en colocar unhas barras de aceiro (armaduras pasivas) nas partes traccionadas do elemento. O problema deste sistema é que as barras non traballan ata que a estrutura se deforma, traendo consigo micro-fisuras do material e multitude de patoloxías.
Para resolver este problema, o francés Freyssinet patentou un sistema de armaduras activas mediante o cal se tensan as armaduras antes de poñer en carga a estrutura. Este tensado das estruturas pódese realizar antes do formigonado -pretesado- ou despois do mesmo -postesado- sendo ambos sistemas coñecidos como pretensado.
Normativa aplicable: EHE 08.

No hay comentarios:
Publicar un comentario