Quizais un dos peores insultos entre obreiros, un termo que de seguro traerá bronca entre aquel que o reciba e o que o emite.
Esquirol
sabedes que é de orixe catalana?
Porén, non ten nada que ver co esquío, que é o que significa a palabra en catalán, senón coa localidade de L'Esquirol.
Temos esta información no DRAE:
... e na páxina web do concello de L'Esquirol-Santa María de Corcó:
En galego, parece ser que a única forma axeitada (rogo que me corrixan se non é así) é crebafolgas, mentres que en inglés úsanse strikebreaker, scab ou blackleg. Hai controversia sobre a orixe do termo scab, máis o termo blackleg parece vir da tradición de chamar aos mentireiros rooks, corvos, a partir do cal, tomando por metonimia as súas patas negras polo todo, evolucionou blackleg, que despois foi específicamente aplicado aos esquirois.
Con este termo hai unha canción folk inglesa do século XIX, o Blackleg Miner, que podedes escoitar aquí e sobre a que podedes ler máis aquí.
[Artigo tirado parcialmente do post Sabías que esquirol é un catalanismo?, de La Traductora Traidora]

esquirol
(Del cat. esquirol, y este de L'Esquirol, localidad barcelonesa de donde procedían los obreros que, a finales del siglo XIX, ocuparon el puesto de trabajo de los de Manlleu durante una huelga).
1. adj. Dicho de una persona: Que se presta a ocupar el puesto de un huelguista. U. t. c. s.
2. adj. despect. Dicho de una persona: Que no se adhiere a una huelga. U. t. c. s.
... e na páxina web do concello de L'Esquirol-Santa María de Corcó:
Els segles XIX i XX queden marcats per la industrialització del tèxtil. Fou quan va aparèixer el terme esquirol per anomenar a qui trenca una vaga: els treballadors d'una fàbrica de Manlleu, en fer vaga, van ser substituïts pels paraires* sense feina de L'Esquirol.
En galego, parece ser que a única forma axeitada (rogo que me corrixan se non é así) é crebafolgas, mentres que en inglés úsanse strikebreaker, scab ou blackleg. Hai controversia sobre a orixe do termo scab, máis o termo blackleg parece vir da tradición de chamar aos mentireiros rooks, corvos, a partir do cal, tomando por metonimia as súas patas negras polo todo, evolucionou blackleg, que despois foi específicamente aplicado aos esquirois.
Con este termo hai unha canción folk inglesa do século XIX, o Blackleg Miner, que podedes escoitar aquí e sobre a que podedes ler máis aquí.
[Artigo tirado parcialmente do post Sabías que esquirol é un catalanismo?, de La Traductora Traidora]
No hay comentarios:
Publicar un comentario