20 jul 2010

LDK 08: Galletas enerxéticas

"As galletas de chocolate teñen máis enerxía que o TNT (trinitrotolueno)" é unha afirmación que pode sonar contraditoria ou irreal, pero isto débese a unha falsa idea do que é a enerxía e como se almacena.

Unhas galletas de chocolate teñen aproximadamente 5kcal/g, mentres que o TNT ten 0,65kcal/g. O motivo polo que se usa o TNT en explosións é a súa inestabilidade, é dicir, a súa maneira de liberar a enerxía. As galletas liberan a enerxía moi amodo, mentres que o TNT o fai de súpeto. Isto débese a que os átomos das moléculas de TNT son resortes comprimidos cun seguro, en canto se solta o seguro, a enerxía é liberada. Desta maneira, se rompe unha molécula de TNT, a enerxía rompe os "seguros" adxacentes e prodúcese unha reacción química en cadea que fai detonar todo o TNT.

[O artigo orixinal do que saquei a idea, me informei, e en parte traducín en cienciaonline.com]

No hay comentarios:

Publicar un comentario