Pode que os problemas de conectividade do rural teñan os "días" contados. Dunha banda, porque o mes pasado rematou a subasta do espectro de telefonía móbil, que otorgou licenzas para o despregamento de redes móbiles LTE (4G). Mais, por outra banda, porque tamén a IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers), organismo regulador dos estándares de telecomunicación, vén de aprobar o estándar 802.22, que permite conectividade WiFi con alcances de algo máis de 100 Km e velocidades de baixada de 22 Mbps, tamén coñecido como Super WiFi.
O estándar 802.22 ou WRAN (Wireless Regional Area Networks) é un estándar que servirá para levar cobertura de Internet de banda larga a zonas nas que establecer tecnoloxías cableadas (xDSL, fibra óptica...) é complicado por mor dos altos custes que supón a obra civil (pensemos en áreas dispersas como o rural galego).
As frecuencias empregadas polo SuperWiFi son as quedan libres entre as canles de televisión dixital (os chamados "espazos brancos"), que non interfire no sinal transmitido de TV.
Co establecemento deste estándar pode que se cumpla o obxetivo fixado pola Axenda Dixital, que obriga a que no 2020 todos os cidadáns europeos teñen que ter velocidades de acceso de 30 Mbps de mínima, agora que tamén ten que haber empresas ou administracións que se impliquen no proceso
Máis info
Vía
No hay comentarios:
Publicar un comentario