Hai xa bastante tempo falabamos dos conceptos básicos da calor, neles explicabamos que había diferentes escalas de temperatura e que as máis habituais eran a Fahrenheit e a Celsius. Se Celsius tomou a conxelación da auga como temperatura 0 ºC e a evaporación como 100 ºC, a Fahrenheit estes valores coincidiron en 32 ºF e 212 ºF respectivamente.
Destes datos podemos deducir que 100 ºC equivalen a 180 ºF, ou o que é o mesmo:
1 ºC = 180/100 ºF = 9/5 ºF = 1,8 ºF
Se queremos a fórmula para facer a conversión:
F = 1,8 C
C = F / 1,8
Pero como dixemos antes, non teñen o valor 0 no mesmo punto, entón temos que sumar ou restar 32 para conseguir o valor definitivo:
F = (1,8 * C) + 32
C = (F - 32)/1,8
Por exemplo, se temos 14 ºC e queremos atopar o valor en ºF, calculamos:
F = (1,8 * 14) + 32 = 57,20 ºF
Ou se temos 22 ºF e queremos calcular os ºF:
C = (22 - 32) / 1,8 = -5,56 ºC
No hay comentarios:
Publicar un comentario