11 ago 2011

LDK 174: Os anos luz

Os anos luz son unha medida de lonxitude que se emprega para medir distancias astronómicas e que equivale á distancia que percorrería un fotón nun ano Juliano, cuxa duración foi establecida no Congreso de Cánope como corrección do anterior ano exipcio, en 365,25 días solares.

Considerando que a velocidade do fotón é e 299.792.458 m/s e que nun ano Juliano temos 31.557.600 segundos, cunha doada multiplicación obtemos que un ano luz equivale a 9.460.730.472.580.800 metros.

Para que vos fagades unha idea da magnitude desta medida de lonxitude, a Lúa atópase a 384.000 Km da Terra, ou 0,000000041 anos luz. Por iso, o seu uso é máis habitual ao falar das estrelas, cuxa distancia entre elas é moito maior. Así, nun radio de 12,5 Km arredor do Sol atopamos tan só 33 estrelas. Poucas para o firmamento que estamos acostuamos a ver, non si?

Estrelas arredor do Sol nun radio de 12,5 km (Fonte)
Como abreviatura de unidade é posíbel ver a.l./al en textos escritos en galego/español, pero prefírese a versión inglesa l.y./ly

No hay comentarios:

Publicar un comentario