26 jul 2011

LDK 167: Tautopónimos

Tautopónimo é a palabra que empregamos para referírmonos a un topónimo que repiten o nome do lugar que representan "Val do Val", "Castro do Castro".

Os tautopónimos adóitanse producir, ben por tomaren o seu nome do termo que denominaba un elemento dado nunha lingua de substrato, ben por nós apoñermoslle o noso termo común a un topónimo que xa significa o mesmo. Hai moitos exemplos de tautopónimos, sendo quizais o mellor coñecido o Vall d'Aran, "val do val" pois Aran significa "val" en vasco.

Outros exemplos:

River Avon, River Tyne, River Humber "río Río", combinación de inglés e elementos do britónico.
Río Guadalquivir "río do gran río" (español + árabe)
Río Guadix "río do río Río" (español + árabe + fenicio)
Lagos Lagoon, Lago Chad, Lago Nyassa, Lago Tahoe, lac de Gaube, "lago Lago"
Lago Michigan "lago do gran lago"
Eizmendi, Garmendia "monte Monte"
Knockhill "outeiro Outeiro"
Pico Muño "pico Pico"
col du Port "porto do Porto"
Puente de Alcántara "ponte da Ponte"
Deserto do Sahara "Deserto do Deserto"
Timor-Leste "Leste Leste" (Timor é a illa máis ao leste do seu grupo de illas).

No hay comentarios:

Publicar un comentario