Hoxe mostrámovos un pequeno truquiño informático que nalgún caso pode sacar do apuro de ter que crear unha conta auxiliar.
Existen algúns servizos que só permiten asociar unha conta do seu servizo a cada dirección de correo electrónico, este é o caso de Twitter ou About.me. Pero aínda que moitos de nós traballamos con varias contas de Twitter, non queremos crear varias contas de correo que só empregaríamos para iso. Para evitalo, GMail permítenos intercalar algún punto na dirección de correo elecrónico de maneira que que os e-mails chegan á dirección orixinal e aparentan ser distintos.
Exemplo:
Temos unha conta de Twitter asociada a exemplo@gmail.com e queremos crear unha segunda conta asociada ao mesmo correo pero, como xa temos ese correo asociado a unha conta, non nos deixa. Cando solicita o correo, introducimos na dirección e.xemplo@gmail.com, e xa nos deixa crear a conta. Todos os correos seguirán chegando á conta orixinal: exemplo@gmail.com.
Se se vos fai raro, e queredes comprobalo, decídelle a un amigo que vos mande un e-mail á vosa dirección de correo intercalando un punto (ou varios) polo medio. Xa veredes como chega igual :).
No hay comentarios:
Publicar un comentario