Cada 14 de xullo Francia celebra a súa Fête Nationale (Festa Nacional), conmemorando os acontecementos do 14 de xullo de 1789, cando os revolucionarios franceses tomaron a fortaleza da Bastilla, considerándose este feito como o punto final do Antigo Réxime e nacemento da República Francesa.
A fortaleza da Bastilla foi construída durante o reinado de Carlos V de Francia, entre os anos 1330 e 1383, co obxetivo de protexer a porta de San Antonio, unha das entradas de París. Sen embargo, axiña deixou de ter esa función para ser un espazo de recepción para Francisco I, para posteriormente pasar a ser unha prisión estatal, por orde do Cardenal Richelieu.
Esta última foi a función máis destacada da fortaleza, pola que pasaron centos de persoas que recibían as Lettres de cachet (cartas asinadas polo rei e/ou ministros nas que se ordeaba o ingreso en prisión, sen xuízos). O edificio albergaba diferentes zonas, unha máis confortábel para aristócratas e burgueses, unha moito máis humilde para a poboación xeral e varias celdas de castigo.
Co estalido da revolución francesa, os parisinos quixeron tomar a fortaleza polo gran valor simbólico desta e para facerse coas armas que había no seu interior, aínda que realmente xa non era o que antaño. De feito xa só quedaban 7 presos no edificio (4 falsificadores, un enfermo mental, un noble condenado por incesto e un cómplice de Robert François, autor dunha tentativa de asasinato de Luis XV), que apenas estaba defendido.
Mais a toma da Bastilla representou a fin do poder absolutista da monarquía francesa, aínda que a meirande parte dos historiadores coinciden en apuntar que este acto tivo pouca relevancia política e estratéxica. Dous días despois da súa toma, o 16 de xullo, comezou a súa demolición.
Hoxe en día, o lugar onde estaba a fortaleza da Bastilla alberga a Praza da Liberdade, presidida pola Columna de Xulio. Cada 14 de xullo, as tropas francesas desfilan polos Campos Elíseos e, pola noite, a cidade loce os fogos de artificio dos xardíns de Trocadero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario