É curioso que en galego (e en español) empreguemos a forma "embarazada" para referirnos á muller xestante, cando noutras moitas linguas o termo equivalente designa ao sentimento de vergoña ou perplexidade.
En ambos casos a orixe é a mesma, o verbo italiano imbarrare, "bloquear, ocupar". No caso do envergoñamento, un matiz significativo que conservamos na forma embarazoso, este bloqueo faría referencia á perplexidade ante algo non esperado; e no caso da xestancia, faría referencia á ocupación do útero por parte do neno.
Nas linguas onde a raíz imbarrare só toma o significado de "avergoñado", faise referencia á xestancia coa forma equivalente ao noso preñada (inglés pregnant, francés pleine), do latín praegnare (prae-, "antes", -gnasci, "nacemento", cf. xen, genus...).
Curiosamente, en todas estas linguas a forma derivada de praegnare ten sido considerada tabú, e en moitos casos (francés, español...) deixada só para referir ás xestacións das femias dos animais e non da muller. Esta é a causa do xurdimento doutras variedades, como encinta ou enceinte (inglés, francés), derivada do latín tardío incincta, que fai referencia ao feito de que as embarazadas non levan suxección ou cinto na cintura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario