Unha falacia é un razoamento incorrecto que semella, voluntaria ou involuntariamente, correcto. Un argumento falaz é tal en función dun erro do razoamento, independentemente da verdade ou falsidade da conclusión. É, polo tanto, o erro no procedemento de razoamento o que importa para definirmos unha falacia.
Definimos varios tipos de falacias:
Falacias formais: As falacias formais son erros no procedemento lóxico co que relacionamos premisas e conclusións. A deducción lóxica é un proceso que debe cumplir unha serie de requisitos formais, que, de se inclumpiren, implicarán un erro na deducción.
Falacias por xeralización de inducción errónea: A inducción é un tipo de razoamento que vai do particular ao xeral. Unha falacia por xeralización de inducción errónea baséase na incorrecta aplicación deste tipo de razoamento.
Falacias por causa informal ou causa falsa: Son aquelas nas que se identifica incorrectamente unha causa, polo que o razoamento causa->consecuencia é incorrecto, independentemente da corrección ou incorrección da consecuencia.
Falacias informais: Son todas aquelas que deben a súa incorrección a algo distinto á súa forma, ou á estrutura dos argumentos.
Obviamente, estas definicións valen de pouco sen exemplos, polo que comezaremos a exemplificar o primeiro subtipo, o das falacias formais.
Como diciamos, as falacias formais son erros no procedemento lóxico co que relacionamos premisas e conclusións. Distinguimos así varios subtipos de falacias formais:
Afirmación da consecuencia: Esta falacia prodúcese cando tras ver unha relación causal e a verdade da consecuencia, afirmamos a verdade da causa. É dicir, revertimos a relación causal, de forma que dunha consecuencia afirmamos unha causa, ignorando todas as outras. En termos lóxicos escribiriamos:
A-->B
B
------------
A
Un exemplo deste tipo de razoamento é o seguinte:
Negación do antecedente: A negación do antecedente consiste en que tras identificar unha relación causal e a non-verdade da causa, negamos a consecuencia. En termos lóxicos escribiriamos:
A-->B
¬A
---------
¬B

Argumento ad logicam: Este tipo de falacia é unha metafalacia: É a asunción da falsidade necesaria dunha consecuencia a raíz de ter sido razonada dun xeito falaz. Como diciamos arriba, unha falacia éo por ser incorrecta no seu razoamento, pero isto non implica que as súas conclusións sexan falsas.
Por exemplo, os dous subtipos anteriores amosan argumentos falaces nos que as conclusións non poden ser deducidas lóxicamente das premisas. Porén, poden ser, fortuitamente, certas. Do feito de a ducha estar mollada non podemos deducir loxicamente que alguén se tivo que duchar, mais este pode ser o caso.

Ao se duchar, a ducha queda mollada. A ducha está mollada. Entón alguén tívose que duchar, necesariamente.Este razoamento é unha falacia de afirmación do consecuente, xa que ignora todas as outras posibles causas de que a ducha estea mollada, como, por exemplo, que alguén a limpiara e aínda non secase.
Negación do antecedente: A negación do antecedente consiste en que tras identificar unha relación causal e a non-verdade da causa, negamos a consecuencia. En termos lóxicos escribiriamos:
A-->B
¬A
---------
¬B
Un exemplo deste tipo de razoamento é o seguinte:
Se saes con este frío, enfermarás. Non saes. Entón, necesariamente, non enfermarás.Novamente estamos ante un razoamento falaz, xa que aínda evitando unha causa, unha consecuencia dada pode ter moitas outras causas.
Argumento ad logicam: Este tipo de falacia é unha metafalacia: É a asunción da falsidade necesaria dunha consecuencia a raíz de ter sido razonada dun xeito falaz. Como diciamos arriba, unha falacia éo por ser incorrecta no seu razoamento, pero isto non implica que as súas conclusións sexan falsas.
Por exemplo, os dous subtipos anteriores amosan argumentos falaces nos que as conclusións non poden ser deducidas lóxicamente das premisas. Porén, poden ser, fortuitamente, certas. Do feito de a ducha estar mollada non podemos deducir loxicamente que alguén se tivo que duchar, mais este pode ser o caso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario