Unha das pronuncias inglesas máis extrañas é a pronuncia dalgún grupo final <-gh> como [f]. Exemplos desta pronuncia son palabras como laugh ou enough, palabras dun uso moi habitual.
E como se chegou a esta pronuncia? Nun primeiro momento o grupo <-gh> era pronunciado como [χ], un son presente hoxe en día aínda en escocés, en palabras como loch, e que podedes escoitar aquí. Este son desapareceu na parte final do período coñecido como Middle English, dando lugar, xeralmente, a un simple alargamento da vogal precedente.
Porén, nalgúns dialectos do norte de Inglaterra, o segmento <-gh>, non desapareceu cando ía precedido dunha <-u> , senón que se convertiu noutra consoante, a [f]. Isto ocorreu porque a <-u> previa á <-gh> non representaba un son, senón o feito de que a pronuncia de [χ] debía ter lugar cos labios arredondeados, o que daría lugar a unha pronuncia representada foneticamente como [χʷ]. A desaparición do [χ] deixou soa a labialización, que pasou dun arredondeamento dos labios á pronuncia de [f].
Algunhas destas palabras penetraron no standard, e algunhas delas (enough, cough, laugh, draught) perviven até os nosos días. Porén, como en case todos os casos cando tratamos co inglés, non podemos dicir que haxa unha regla definitiva. Se ben a maioría dos casos de pronuncia de <-gh> como [f] son en fragmentos <-ugh> a final de palabra, hai algún caso, como draught, no que ocurren con algunha consoante despois; e outros, como en borough, through e thorough onde non se pronuncia.
E como se chegou a esta pronuncia? Nun primeiro momento o grupo <-gh>

No hay comentarios:
Publicar un comentario