23 jun 2011

LDK 153: A Lei de Ohm

Ao traballar con condutores eléctricos emprégase con gran asiduidade unha lei básica: a Lei de Ohm

A Lei de Ohm vén dada pola expresión matemática I = V / R, que significa que a corrente (I, en amperios) que circula por un condutor eléctrico é igual á tensión (V, en voltios) dividida da resistencia (R, en ohmios). Como veredes, da propia ecuación pódense despexar facilmente a resistencia (R = V / I) e o voltaxe (V = I * R).

No seguinte vídeo podemos ver unha explicación máis detallada



Se vos interesa, dende a Universidade de Colorado poñen á nosa disposición un simulador (ver aquí) co que poderemos ver como varía a corrente dacordo co que variemos na resistencia ou voltaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario