14 jun 2011

LDK 149: O por que dos 360 graos do círculo



Ninguén cuestiona hoxe en día que o círculo ten 360 graos. Pero se sodes curiosos, pode que nalgún momento vos plantexárades esta cuestión: por que 360 e nn 578, por exemplo? Se é así, continuade lendo esta entrada.

Existen dúas teorías ao respeto:
  • A primeira vén da man dos exipcios, cuxo calendario oficial era de 360 días (12 meses de 30 días cada un), aos que sumaban 5 días extra que adicaban a festexos e, polo tanto, ficaban fóra dese calendario. De aí sácase esa primeira conxetura de que foron eles, os exipcios, os que decidiron dividir o círculo en 360 graos, no que cada un representaba a distancia percorrida polo Sol durante un día respecto ao fondo de estrelas.
  • Por outra banda, outras teorías apuntan aos babilonios. Estes tería dividido o círculo en 360 partes iguais para adicar un a cada deus.

Particularmente, a min paréceme máis coherente a primeira, pero con estas cousas nunca se sabe...

2 comentarios:

  1. O uso do número 60 para as fraccións no mundo babilónico, pola cantidade de divisores que ten, pode que sexa un motivo de peso para esta preferencia. Na maravillosa serie documental da BBC "The story of Maths" poderedes descubrir, entre outros centos de cousas, algunhas conxeturas acerca deste asunto. Descargade a serie e desfrutádea como un gran reserva, porque é dunha impresionante calidade visual, científica e humana.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas pola aportación, parece moi interesante o documental. A ver se me pode facer con el para ollalo!

    ResponderEliminar