Despois da LDK sobre o cálculo aproximado da distancia á que caeu un raio, resulta interesante explicar que son e como funcionan pararraios, xa sabedes, eses 'ferros' que reciben a carga eléctrica liberada polas treboadas.
Pero antes de nada, debemos saber que acontece nunha treboada. Durante as treboadas, créanse importantes descargas eléctricas con carga negativa na base das nubes, que provocan fortes cargas eléctricas positivas en terra. Os campos eléctricos producen ións e electróns libres no ar, convertíndose este nun condutor case perfecto, que permite ao raio desprazarse.
A invención do pararraios débese a Benjamin Franklin, que presentou o seu invento en 1753, despois de experimentar dende 1747 a súa "teoría do fluído único" para explicar os dous tipos de electricidade atmosférica (positiva e negativa).
O pararraios está formado por un dispositivo ou antena metálica alargada, cuxo final é unha punta e unha bóla fabricada en cobre ou platino. A través dun cable condutor, únese esta parte metálica á terra, descargando a enerxía no chan. Na punta do pararraios existen cargas positivas, encargadas de crear ións positivos que ao ascender reducen a carga negativa da treboada, atraendo cara si as cargas negativas, facendo que no momento de producirse a descarga eléctrica esta se dirixa directamente ao pararraios.
Situación
A situación dun pararraios é moi importante, xa que se o poñemos nun lugar baixo pode que non cumpra o seu obxetivo de protexer. As mellores situacións son no alto dos montículos que poden rodear unha poboación, antenas ou alto dos edificios.


No hay comentarios:
Publicar un comentario