Comezamos a malla presentando o teaser da primeira temporada do programa de divulgación científica, Escépticos. Xa coñeciamos o capítulo piloto e, agora, podemos ver o avance da temporada:
No eido tecnolóxico, esta semana Google anunciou unha mala nova, peche da API da súa sección de tradución debido ao alto custe do seu mantemento. A condición de "deprecated" (despriorizado, os usuarios teñen acceso a ela e pódena usar pero non será obxecto de actualizacións, melloras ou traballo de calquera tipo por parte da compañía) foi anunciada a data do 26 de maio, e o peche total terá lugar o 1 de decembro de 2011. Isto non supón que deixe de existir, pero si que deixa de ser posible a utilización por terceiros (via @calustra).
Tamén podemos falar dun cumpreanos, o de YouTube, que esta semana fixo 6 anos. Como saberedes, antes era unha compañía independente até que foi mercada por Google.
Para os fotógrafos deixámosvos unha marabilla de cámara de 200 megapíxeles. Seguro que as fotos quedan ben, inda que até 600 MB por imaxe pode ser un peso demasiado excesivo.

Ademais, atopamos unha explicación de como funciona o muro Trombe, un muro con gran inercia térmica que, grazas a un sistema de correntes por convección que se xeneran grazas á axuda dos raios do sol, permite acondicionar a temperatura do interior da vivenda, de maneira que funciona como calefactor no inverno, e como refrixerador no inverno
Finalmente, quédanos comentar que Twitter tamén introduciu novidades, agora permite ver a timeline doutros usuarios.

No hay comentarios:
Publicar un comentario