Seguramente teñades oído falar dos teléfonos - ou intercomunicadores - feitos con 2 iogures ou, para ser máis exactos, con 2 envases de iogur.
A idea deste arcaico artiluxio é a de unir dous recipientes ocos (os envases de iogur) a través dun fío, que fará de medio transmisor entre ambos lados da liña. Para o seu correcto funcionamento, este fío debe estar tenso, xa que doutro xeito será incapaz de trasnmitir a vibración, xa que o son vai dun lugar a outro grazas á vibración do medio (ben sexa aire, auga ou o propio fío).
Para fabricar o iogur-teléfono són son necesarios 2 envases de iogur, un fío resistente (como o de envolver paquetes) e unhas tesoiras. Realízase un corte no fondo dos envases a través do que se introduce o fío e faise un nó en cada un dos lados do fío.
Para usalo, ténsase o fío e fálase por un dos recipientes, mentres o outro interlocutor achega a orella. Así de sinxelo e facer este medio de comunicación, iso si, moita utilidde práctica non ten, máis aló de pasar un bo rato.
PS: Se nos rogades moito, igual nos animamos a facer un...



No hay comentarios:
Publicar un comentario