Hai varias series de palabras (penta-sílabo, dodecá-gono) nas que usamos prefixos numerais, mais por veces prodúcense erros ou aplicacións incorrectas. Nesta LDK imos ver as diversas series existentes (do 1 ao 12) e comentar os seus usos:
Prefixos numerais latinos
Prefixos numerais latinos
Número | Cardinais | Ordinais | Multiplicativos | Distributivos |
1 | uni- | prim- | sim- | singul- |
2 | du- | second- | bi-, bis- | bin- |
3 | tri- | terti- | ter- | tern- |
4 | quadri-, quadru- | quart- | quater- | quatern- |
5 | quinque- | quinti- | 1 | quin-, quinquen- |
6 | sexa- | sext- | sen- | |
7 | septem-, septi-, | septim-, | septem- | |
8 | octo- | octav- | octon- | |
9 | novem- | nona- | noven- | |
10 | decem-, dec- | decim- | den- | |
11 | undec- | undecim- | unden- | |
12 | duodec- | duodecim- | duoden- |
1 A partir do 5, os multiplicativos toman a forma do cardinal.
Prefixos numerais gregos
Número | Cardinal | Multiplicativo |
1 | hen- | mono-, haplo- |
2 | di-, dy- | dis- |
3 | tri- | tris- |
4 | tetra- | tetrakis- |
5 | penta- | pentakis- |
6 | hexa- | hexakis- |
7 | hepta- | heptakis- |
8 | ogdo-, octa-, octo- | octakis- |
9 | ennea- | enneakis- |
10 | deca- | decakis- |
11 | hendeca- | undecakis- |
12 | dodeca- | dodecakis- |
Usos:
Aínda obviando as transformacións ortográficas (quart- convírtese en cuart-) hai poucos usos 'puros' de series completas de prefixos, e a maioría deles toman elementos de varias das series. Aínda así podemos nomear algúns deles:
Usan os prefixos dos números cardinais latinos:
-Os nomes de conxuntos de anos (excepto bienio).
Usan os prefixos dos números ordinais latinos:
-Os números ordinais (exc: noveno).
Usan os prefixos dos números cardinais gregos:
-A clasificación dos versos segundo o número de sílabas, aínda que no caso dos versos de dúas sílabas tamén se admite o número latino: (bisílabo, disílabo).
-Os nomes de polígonos de X lados (a partir do polígono de 5 lados: pentágono).
-O nome de figuras regulares de X caras (tetraedro, hexaedro)
Entre os usos que mesturan diversas series podemos nomear:
-Serie dos multiplicativos: primeiro usan os cardinais (duplo, triplo) e, a partir do 5, os ordinais (quíntuplo)
-Os grupos de persoas (sufixo -eto), que toman diversas formas latinas: dueto vs. sexteto
-Os ordinais das decenas: quincuagésimo vs. nonagésimo.
Hai moitos máis exemplos que esperamos que xurdan nos comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario