24 mar 2011

LDK 114: It's raining cats and dogs

Onte foi o Día Meteorolóxico1 Mundial, e para conmemoralo imos falar dunha das expresións en inglés máis chamativas para quen coñecer, alomenos un pouco, a lingua inglesa:

"It's raining cats and dogs".


Aínda que puidera parecer que a orixe da expresión vén do fenómeno da choiva de animais, non se teñen rexistrado casos de choiva de cans ou gatos, e aínda que poden chegar a "levitar" momentaneamente en condicións meteorolóxicas determinadas, é moi improbable que animais das características dun can ou dun gato fosen elevados ás alturas necesarias para proceder á súa choiva.



Cal é a orixe da expresión, entón? A orixe é descoñecida, e o primeiro uso do que temos constancia é de 1738, na obra de Jonathan Swift, A Complete Collection of Polite and Ingenious Conversation.

Sobra a súa orixe téñense dado, porén, diferentes interpretacións: Desde unha evolución fonética do francés catadupe (fervenza), até o feito de que os gatos e cans poden caer dos tellados por resbalaren coa choiva forte, pasando por explicacións que a relacionan coa mitoloxía nórdica.

Porén, hoxe en día trabállase coa hipótese de que se trata dun termo que fai referencia ao feito de que as choivas moi potentes serían capaces de levar na corrente os cadáveres de cans e gatos acumulados na rúa. A favor desta hipótese xoga o feito de que Swift escribiu o poema 'Description of a City Shower' en 1710, 28 anos do seu primeiro uso da expresión, no que di:

"Drowned puppies, stinking sprats, all drenched in mud,/Dead cats and turnip-tops come tumbling down the flood."
(Cadeliños afogados, espiñas de peixe cheirentas, todos cheos de lama/ gatos mortos e grelos baixando coa ríada).

O que non está claro é se a súa orixe é popular ou forma parte das moitas expresións inventadas polo propio Swift.

En calqueira caso, non é un uso aillado no inglés, xa que en moitas outras linguas tamén se usan expresións deste tipo, sen que estean inspiradas na realidade, polo seu mero sentido creativo ou humorístico.

NOTAS:
1 Nunca *metereolóxico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario