Un caso habitual de confusión no uso da lingua é o relativo ao uso de especia e especie.
Unha especia é unha "Substancia aromática e estimulante do gusto, de orixe vexetal, utilizada para condimentar os alimentos."1
Pola outra banda, unha especie é "Cada un dos grupos que resultan de repartir os elementos dun conxunto reunindo aqueles que teñen características comúns" ou a "Unidade taxonómica fundamental no estudo da diversidade dos seres vivos e base da súa clasificación."

Isto é, especia é unha palabra coa que designamos a certos tipos de condimentos, mentres que con especie designamos unha agrupación ou tipo de cousas, máis concretamente de seres vivos no seu uso científico máis habitual.
E ben, o uso de pagar en especie ou en especies fai referencia ao sentido de "xénero", "mercancia" que toma esta palabra. Así, calquera traballo que se pagase con produtos, mercancías ou incluso con outros traballos ou servizos, sería considerado un pago en especie.
Este uso pode parecer contraditorio, porque é certo que en épocas da nosa historia pagáronse os salarios con especias ou, máis frecuentemente, con sal (de aí o nome de salario), mais o uso tómase do sentido de "pago con mercancía" e non do pago cunha mercancía en particular como son as especias. Porén, no caso pouco habitual hoxe en día de que nos quixesen pagar un traballo con azafrán ou ourego, estariamos ante un pago en especias e en especie ao mesmo tempo.
NOTAS:
1 Todas as definicións entrecomiñadas están tomadas de digalego.org.

No hay comentarios:
Publicar un comentario