As portas lóxicas están formadas por circuítos de conmutación que permiten levar a cabo de maneira empírica as operacións booleanas.
Este tipo de operacións fanse con números binarios (ceros e uns), que se traducimos a circuítos dixitais estaríamos a falar de voltaxes altos e baixos, polo que unha tensión alta equivaldría a un 1 binario e unha baixa a 0.
A partires de aí, os sistemas dixitais constrúense empregando 3 portas lóxicas básicas (NOT, AND e OR) e combinacións destas.
Porta NOT
A porta NOT realiza a función de inversión, que vén definida pola ecuación:
E ten a seguinte táboa de verdade:
Porta AND
Pola súa banda, a porta AND realiza o produto lóxico e a súa ecuación característica é:
Esta función dá pé á seguinte táboa de verdade:
Porta OR
A porta OR realiza a operación de suma lóxica e defínese coa ecuación
Conta pois coa seguinte táboa de verdade:
A partires destas tres, que como dixemos son as básicas, defínense outras derivadas como a porta XOR, que vén definida pola expresión:
Cuxa táboa de verdade é
Tamén cómpre sinalar as negacións das portas AND, OR e XOR, que orixinan NAND, NOR e XNOR, cuxas táboas de verdade resultan tal que así:
NAND
NOR
XNOR
No hay comentarios:
Publicar un comentario