16 feb 2011

Yoigo presenta os seus obxetivos para 2011 no #mwc11

Aproveitando o tirón mediático do Mobile World Congress, o cuarto operador con rede español, Yoigo, presentou hoxe en rolda de prensa a folla de ruta para este ano 2011.

O Conselleiro Delegado, Johan Andsjö, espera chegar aos 3 millóns de clientes antes de final de ano (na actualidade contan con 2,2), facendo melloras na rede. Neste sentido vén de asinar un convenio con Ericsson para extender a rede, que cubre o 67% da poboación, acadando un 74%, e con velocidades de 21 Mbps. Aproveitando a actualización da rede prepararán as estacións base para o despregamento da rede 4G, unha vez feitas as adxudicacións polo executivo.


Novo servizo de chamadas ao extranxeiro IP

Ademáis da información sobre a actualización de rede, Yoigo anunciou o lanzamento dun servizo, que comezará a súa fase beta o 1 de marzo, co que todos os seus clientes, independentemente do terminal que teñan, poderán facer chamadas aos fixos do extranxeiro a prezos moi económicos, grazas á utilización de telefonía IP e de forma sinxela: tan só terán que marcar dous asteriscos (**) antes do número internacional.

Poderase chamar a un total de 20 países e os prezos oscilan entre os 4 e os 7,5 céntimos/minuto (IVE a maiores):
  • 4 cént/min: UK, Suecia, Venezuela, Alemaña.
  • 4,5 cént/min: China, Francia, Holanda, Portugal, Italia, Bélxica, Polonia.
  • 5 cént/min: Marrocos
  • 5,5 cént/min: Rumanía
  • 6 cént/min: Brasil, Arxentina.
  • 6,5 cént/min: Chile, República Dominicana, Xeorxia.
  • 7 cént/min: Colombia
  • 7,5 cént/min: Paraguai.

Novo Bono 15 Internet Para Llevar


Tamén presentaron unha nova tarifa de datos, o Bono 15 Internet Para Llevar, que inclúe por 15 € (sen IVE) mensuais 1 GB de datos. Superada esa cantidade, os clientes poderán contratar outro GB adicional por 10 € ou seguir navegando a 64 Kbps.

2011, o ano Android

De maneira máis informal, Johan comentou que a compañía ten previsto apostar fortemente por terminais con Android, "xa que é aí onde está o futuro". Neste sentido, un dos terminais tamén estará dispoñíbel en tarxeta. Iso si, non precisou cales...

Sobre a mellora das tarifas e o hipotético quinto operador móbil dos cableiros

Tiven oportunidade de preguntarlle se tiñan previsto revisar algunhas das súas tarifas á baixa, ante o peso que están a ter neste campo os OMV e dixo que si, que non eran alleos aos movementos que está a facer o sector e que terán que adaptarse, así que é posíbel que vexamos novas tarifas antes do verán.

Preguntado sobre a unión táctica dos cableiros (R, Telecable, Euskaltel e Ono) para formar o quinto operador con rede, Johan amosouse dubidoso de que se levase adiante, ante as dificultades de que teñan asiganadas boas frecuencias que lles permitan invertir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario