A Lista Swadesh é unha lista de vocabulario con palabras con significados básicos. Esta lista foi desenvolvida nos anos 40-50 por Morris Swadesh, e é unha importante ferramenta empregada para comparar dúas linguas, algo necesario en diversas disciplinas lingüísticas.
Hai dúas versións básicas da Lista Swadesh, unha con 200 palabras e outra con 100. O uso da Lista Swadesh é sinxelo: Tómase a lista de palabras e escríbese a forma correspondente de cada elemento da lista nas dúas linguas que se queren comparar. Deste xeito, compróbase o grado de diverxencia estatística das dúas linguas.
Esta lista permitiu superar unha certa arbitrariedade á hora de crear listas de vocabulario coas que comparar diferentes linguas:
Se temos en conta que a maior parte dos cambios no vocabulario dunha lingua dependen de factores culturais e cambios sociais extralingüísticos, como por exemplo razóns socioeconómicas, a influencia dunha potencia estranxeira, ou innovacións científicas e tecnolóxicas; teremos que descartar todos aqueles termos que poidan verse influenciados por diferencias en relación a estes ámbitos. Por exemplo, non podemos usar as palabras que designan produtos traídos de América, coma "pataca", para comparar linguas de Europa, e se o fixermos, os resultados do noso estudo sobre o parentesco desas linguas ficarían alterados.
Deste xeito, Swadesh buscou termos de vocabulario básico, un vocabulario estable e non suxeito a cambios culturais, aprendido en estadios temperás da infancia, e cunha evolución condicionada unicamente por factores lingüísticos e moi lenta na dimensión temporal. Así, tras eliminar os conceptos que denotaban elementos culturais, buscou conceptos universais a todas as culturas humanas, o que eliminou, por exemplo, elementos específicos de certos climas, como a neve, inútil para avaliar as linguas das áreas tropicais. O resultado foi unha lista de palabras como "corno", "home" ou "montaña" que estan presentes en calqueira cultura.
Por outra parte, á universalidade destas palabras únese a súa simplicidade, o que dificulta enormemente o feito de que puidesen ser substituídas por préstamos de outras linguas. O resultado é unha lista de vocabulario estable dentro da lingua e universal para todas elas, de forma que poida servir para facer inferencias fiables á hora de comparar diferentes linguas.

A Lista Swadesh ten dous usos básicos: Por unha parte, é usado en lexicoestatística para avaliar cuantitativamente a relación entre dúas linguas e establecer o seu grado de parentesco, e por outra, en glotocronoloxía, para investigar a data na que se produce a diverxencia lingüística de diferentes variedades provintes dun tronco común.
Porén, ao usar a Lista de Swadesh hai que ter en conta que unha diverxente evolución fonolóxica das diferentes linguas pode ter oscurecido a relación entre os pares de palabras a analizar, de modo que o seu uso resulta pouco útil sen un coñecemento subxacente das historias das linguas a analizar. Así, se ben a Lista de Swadesh é un recurso moi útil, temos que ter en conta que non pode ser o único elemento sobre o que se sustente unha teoría de parentesco lingüístico.
Podes ver a lista de Swadesh do galego aquí e tanto de outras linguas como listas comparativas de diferentes familias lingüísticas aquí. A bo seguro algún dos elementos incluídos ha de che sorprender.

No hay comentarios:
Publicar un comentario