8 feb 2011

LDK 95: Coñece a IP do teu router e o usuario e contrasinal por defecto

Pode que nalgún momento teñas precisado configurar algo no teu router. E sabes perfectamente que eses datos telos ben gardadiños nun caixón onde gardas todo o relacionado con ordenadores. Vas buscalo e... oh wait, non está aló...

Que facer nese caso? Como o máis probábel é que non teñas mudado eses datos, o teu router seguirá mantendo a IP de acceso, usuario e contrasinal por defecto

Neste caso podemos visitar a web RouterIPAddress. Nesa web, poderemos introducir marca e modelo do noso router e facilitaranos eses datos por defecto. Ademáis, permite a colaboración, engadindo novos modelos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario