O paradigma de adverbios de modo rematados en -mente é o único paradigma adverbial aínda aberto e produtivo: podemos tomar un adxectivo e, baixo certas condicións, adxuntarlle o sufixo -mente para ter un adverbio co significado "de maneira/modo que é/resulta Adx."
Porén, esta derivación ten unha particularidade morfolóxica importante, que é que, para a súa formación, os adverbios en mente toman a forma feminina do adxectivo: lixeiramente, boamente.
E ben, os adverbios en -mente non existían en latín. Son unha innovación das linguas romances, e foron formados a partir dunha gramaticalización de expresións como "boa mente", "clara mente", que terían un significado semellante a "coa mente boa", "coa mente clara".
Ao comezo só uns poucos adxectivos, aqueles cun significado compatible co do substantivo mente, poderían aparecer nestas expresións; mais pouco a pouco as expresións foron entrando nun doble proceso de fixación morfolóxica e baleirado semántico, convertíndose -mente nun sufixo cun significado puramente gramatical (formación de adverbios desde adxectivos) e permitindo consecuentemente unha medra da cantidade de adxectivos aos que se podía aplicar.
A orixe dos adverbios en mente deixou varias pegadas na nosa lingua ademais da da súa formación sobre base feminina (concordante co antigo substantivo mente): por unha banda, os adverbios en -mente coordinanse de modo que a derivación só afecta ao último elemente coordinado, é dicir, coordina as bases de derivación:

Díxomo clara e correctamente.Por outra, estes adverbios manteñen un doble acento, o do antigo adxectivo e o do sufixo, o que en linguas como español provoca que a acentuación gráfica ignore a presencia do sufixo -mente, aínda que noutras linguas, coma o galego, a acentuación segue a norma xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario