Xaneiro vai botando o peche, pero iso non impide que a vida siga na rede. Esta semana atopámonos coas seguintes novas que chamaron a nosa atención.
Como non, Google volveunos a sorprender, desta vez pondo na rede unha completa hemeroteca con milleiros de xornais, que podemos consultar cunha ferramenta bastante sinxela.
Vimos tamén como é que se organiza o Spam para conseguir escalar posicións nos resultados ao buscar en Google os nomes de marcas moi coñecidas.
Vimos tamén como é que se organiza o Spam para conseguir escalar posicións nos resultados ao buscar en Google os nomes de marcas moi coñecidas.
Pola súa banda, en Tecnoloxía explícase como funciona o sensor de choiva, unha ferramenta moi útil e que cada vez é máis habitual atopala nos coches que conducimos, favorecendo a experiencia neses días de indesexada patuñeira.
No carro das curiosidades, descúbrese que a páxina para o erro 404 de Dropbox é unha pequena variación do logo que nos lembra ao coñecido cubo imposible, outro pequeno guiño dos enxeñeiros desta xenial aplicación.
En RTVE fan un repaso da traxedia do transbordador espacial Challenger no 25 anos do seu desastre.
En RTVE fan un repaso da traxedia do transbordador espacial Challenger no 25 anos do seu desastre.
E xa para rematar, deixámosvos unha recopilación de sete erros científicos que provocaron grandes descubrimentos. Cantos máis haberá polo mundo adiante?

No hay comentarios:
Publicar un comentario