20 ene 2011

LDK 87: Kernel construction

Unha Kernel construction é a forma máis básica e non-marcada nunha oración.

Considérase como Kernel construction aquela que cumple as seguintes condicións:

-Forma unha oración por si mesma, é dicir, non forma parte de outras.
-É estruturalmente completa, é dicir, non ten ningún membro elidido.
-É non marcada con respecto ao sistema de tipo de cláusula, é dicir, é declarativa e non interrogativa ou imperativa.
-É non marcada con respecto ao sistema de polaridade, é dicir, é positiva e non negativa.
-É non marcada con respecto ao sistema de voz, é dicir, é activa e non pasiva.
-É non marcada con respecto a todos os sistemas da cláusula, é dicir, non presenta nin extraposición, nin tematización, nin construcións fendidas nin suxeitos baleiros.

As kernel constructions son unha teorización importante nalgunhas escolas sintácticas, como o xenerativismo, xa que nestas supoñen que a construción orixinal (ou estrutura profunda) dunha oración é a súa equivalente canónica ou kernel, e que, a partir desta, prodúcense unha serie de movementos até chegar á oración tal e como nos é presentada. Un bo exemplo deste punto de vista é a ben coñecida tendencia a presentar as pasivas como o resultado dunha oración activa na que o suxeito e o obxecto son invertidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario