28 sept 2010

LDK 38: Comidas e animais

Hai hoxe dous meses, falabamos da Conquista Normanda, e diciamos que con esa conquista comezaba "a influencia normanda sobre Inglaterra que causaría modificacións de calado na lingua, a sociedade e a cultura das Illas Británicas".

Unha das modificacións que afectou á lingua das Illas Británicas é o feito de que en Inglés o nome da carne dun animal non coincida co nome dese animal:

Esta diferenciación vén da estrutura social creada trala Conquista Normanda, e do feito de que os membros dos diferentes estamentos sociais falaban linguas diferentes: os señores eran francófonos, e os servos, anglófonos. Durante o proceso de formación do inglés medio, os termos para designar os animais, que eran coidados polos servos anglófonos, foron tomados deste substrato, o do antigo Anglo-Saxón, mentres que os termos para designar aos distintos tipos de carne foron tomados das palabras coas que os designaban os seus consumidores, isto é, os señores francófonos.

Así, en inglés temos pig para o animal e pork para a carne de cocho, ou sheep para a ovella e mutton para a súa carne; o que se repite cos pares cow-beef (gando bovino) calf-veal (tenreiras) e deer-venison (cérvidos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario